O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan un concerto de guitarra con Luis Alejandro García

RibeiraSacraXa
O internacionalmente laureado guitarrista Luis Alejandro García, presenta ‘Ensoño’, un repertorio repleto de beleza, fantasía e soños
Luis-Alejandro-García
23 Out 2024

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade organizan para este sábado, 26 de outubro, un concerto de guitarra con Luis Alejandro García. A actuación, que será de balde, terá lugar no Centro Sociocultural ás 19.30 horas.

O internacionalmente laureado guitarrista Luis Alejandro García, presenta ‘Ensoño’, un repertorio repleto de beleza, fantasía e soños, creados a partir das seis cordas dunha guitarra romántica, réplica dunha Coffe–Goguette de mediados do século XIX.

O oínte será trasladado pleno ao Romanticismo a través de composicións de Fernando Sor, Napoléon Custo, Giulio Regondi ou Mauro Giuliani, nas que a ilusión será sempre a premisa fundamental.

Luis Alejandro García foi encomiado pola crítica internacional como “un extraordinario narrador musical” (L’Area dei Verona), e é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración, como testemuñan os seus máis de 40 premios internacionais, entre eles os primeiros premios no Concurso Internacional de Guitarra de París (Francia), o Concurso Internacional de Viseu (Portugal), o Premio O Primeiro Palau (España) ou o do Festival Internazionale dei Chitarra Gemona do Friuli (Italia).

0.1936891078949