O Concello de Sober convoca unha bolsa cultural Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober convoca unha Bolsa Cultural Ribeira Sacra para o verán 2021, cuxo obxectivo é impulsar crecemento cultural en Galicia.
cartel bolsa ribeira sacra
19 Xul 2021

O Concello de Sober convoca unha bolsa cultural Ribeira Sacra para o verán 2021, cuxo obxectivo é impulsar crecemento cultural en Galicia, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal dun fotógrafo/a que poderá asistir de maneira gratuíta ao Obradoiro de Verán de fotografía O labirinto das formas, impartido polo recoñecido e premiado fotógrafo, David Jiménez. O taller celebrarase do 22 ao 27 de agosto de 2021 na localidade de Sober.

As bolsas culturais Ribeira Sacra son formacións culturais convocadas, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural A Plantación a través de Talleres de Verán. Nesta ocasión a bolsa ten un valor de 775 euros.

Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a unha persoa con inquietudes artísticas e culturais, empadroada, que traballe ou estude no Concello de Sober, principalmente con cinco perfiles. Por un lado, mozos universitarios e de formación profesional que queiran aumentar os seus coñecementos, traballadores con inquietudes e intereses culturais, persoas emprendedoras, persoas en situación de renovación na formación académica e mulleres do ámbito rural.

Os proxectos fotográficos presentados serán avaliados por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes. A temática é libre.

O prazo para inscribirse é ata o 29 de xullo. Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar na páxina web do concello www.concellodesober.es

cartel bolsa cultural sober
0.21878290176392