O Concello de Ribas de Sil presenta a programación cultural de Nadal

RibeiraSacraXa
Haberá música, teatro, obradoiros e as tradicionais visitas dos Reis Magos e Papá Noel
Nadal-recurso
16 Dec 2025

O Concello de Ribas de Sil presenta a programación de actividades para estas festas de Nadal, que inclúe música, teatro, obradoiros e as tradicionais visitas dos Reis Magos e Papá Noel.

As actividades comezarán este xoves 18 de decembro, ás 20:30 horas, co festival de Nadal da Escola de Música do Xeoparque, que se celebrará no Salón de Actos do Concello. O venres 19, pola mañá, terá lugar un festival de Nadal coa visita de Papá Noel, e o sábado 20, ás 18:00 horas, representarase a obra de teatro ‘A herencia de Xoana’.

A vindeira semana, do 22 ao 26 de decembro, en horario de 10:30 a 13:30 horas, desenvolveranse obradoiros de Nadal para nenos e nenas en San Clodio, e o sábado 27 volverá o teatro coa función ‘Transparentes’.

Xa en xaneiro, o domingo 4, ás 12:00 horas, celebrarase o tradicional Concerto de Reis a cargo da Coral Polifónica de Quiroga, na Igrexa Parroquial de San Clodio. Finalmente, o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos de Oriente.

⚙ Configurar cookies
0.075381994247437