O Concello de Ribas de Sil organiza un curso de arte terapia o 29 de outubro

RibeiraSacraXa
Neste curso de artes plásticas, as participantes poderán practicar a pintura, o debuxo… e está enfocado á mellora da súa saúde mental
acuarela-pintura
20 Out 2024

O Concello de Ribas de Sil organiza un curso de arte terapia coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel, a Deputación de Lugo e Mulleres Empresarias.

Desta maneira, o salón de actos do Concello acollerá esta formación o día 29 de outubro en horario de 16.00 a 19.00 horas para todas as persoas interesadas, que poderán participar de forma gratuíta.

Neste curso de artes plásticas, as participantes poderán practicar a pintura, o debuxo… e está enfocado á mellora da súa saúde mental e o benestar emocional e social das persoas.

0.12569904327393