O concello de Ribas de Sil está a instalar novas luminarias en moitas das súas aldeas

RibeiraSacraXa
O concello de Ribas de Sil está a instalar preto de 800 luminarias en moitas das súas aldeas coma Nogueira ou Castro de Abaixo
luminarias ribas de sil
7 Out 2022

Estes días estase a realizar en moitas aldeas do concello de Ribas de Sil o cambio de luminarias, co fin de mellorar a iluminación nocturna das rúas e carreiros de tódalas aldeas do concello.

Un total de 800 luminarias led de última xeración forman parte desta iniciativa levada a cabo polo concello, que substitúen as xa existentes e melloran a calidade de vida dos veciños en aldeas coma Barreiro, Moreiras, San Lorenzo, a Ventosa e Torbeo.

Estes días foi a quenda das aldeas de a Nogueira e ao Castro de Abaixo. Os propios veciños constatan a ostensible mellora na calidade da iluminación pública en tódolos recunchos de Ribas de Sil.

O seguinte obxectivo será a zona de Torbeo. Dende o concello informan de que estas obras durarán varios meses dado que non só hai que cambiar preto de 800 luminarias, senón tamén 7.000 metros de cable, multitude de postes de alumeado, así como realizar melloras de protección e aforro nos cadros eléctricos.

luminarias ribas de sil 2
0.13045787811279