O Concello de Ribas de Sil conmemora o 8M cunha actividade interxeracional

O Concello de Ribas de Sil organiza este venres 6 de marzo unha xornada de actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O programa busca recoñecer o papel das mulleres na sociedade e promover valores de igualdade entre xeracións.
Durante a mañá, a rapazada do colexio local visitará a Residencia de Maiores e o propio Concello, compartindo momentos especiais coas mulleres da comunidade. Ademais, o Concello contará cunha mesa aberta á veciñanza con material de sensibilización relacionado coa igualdade e o empoderamento feminino.
Segundo indican desde o Concello, a iniciativa pretende ser “unha xornada para reflexionar, compartir e seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria”.