O Concello de Ribas de Sil aposta pola modernización do alumeado público en San Clodio

RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil aposta pola modernización do alumeado público en zonas como San Clodio cunha inversión de máis de 240.000 euros
alumeado ribas de sil
4 Dec 2022

O Concello de Ribas de Sil vén de rematar “as obras de instalación de alumeado público máis importantes da historia deste concello cunha inversión de máis de 240.000 euros financiada polo IDAE nun 80%”, tal e como afirma o seu rexedor.

Miguel Ángel Sotuela destaca que “Como vimos informando dende hai uns días, o Concello estivo a cambiar tódalas luminarias das aldeas, instalando leds de última xeración con moito mellor rendemento e menor consumo. A mellora é evidente e os veciños e veciñas en xeral están contentos porque se ve pola noite moito mellor. Agora coas melloras propostas pola empresa adxudicataria, podemos instalar novas luminarias en todo o barrio da Veiga e tamén cambiar tódalas luminarias na aldea de San Pedro que inicialmente quedou fóra desta obra”. Do mesmo xeito, Sotuela recoñece que “Aínda haberá substitución de postes e varios quilómetros de substitución de cableado en mal estado”.

O rexedor suliña que “A intención do concello é facer outra gran inversión na modernización do alumeado público de San Clodio pero tentaremos recibir unha axuda novamente do Instituto para o Desenvolvemento e o Aforro Enerxético, do ministerio de transición tecnolóxica e desenvolvemento demográfico. Para a Deputación de Lugo temos preparadas outras petición entre as que destacan as obras do Plan Único”, recoñece.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20387601852417