O Concello de Quiroga segue acondicionando a nova praza da rúa Real
O Concello de Quiroga continúa traballando no acondicionamento da praza do entronque das da rúas Real e Lago. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de Xuventude e Medio Ambiente achegáronse ata este espazo de 230 m2 no que tras colocar un pavimento de lastras (adoquines) trabállase agora no acondicionamento de espazos con árbores, plantas e grava ornamental así como na colocación de mobiliario urbano e iluminación. Nunha seguinte fase continuarase con máis elementos decorativos.
Esta praza está dotada xa cun gran mural nunha das fachadas enmarcado dentro da ruta “Quiroga no ar” e que representa a unha peregrina do Camiño de Inverno, ruta Xacobea que pasa xusto por diante deste terreo.
A Administración Local comezou a traballar nesta zona no pasado ano 2020, cando adquiriu un terreo abandonado de 191 m2 cunha edificación en ruínas. Contando cunha achega económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dentro do plan HURBE púxose en marcha a intención de contribuír a humanizar e poñer en valor o centro da vila.
Meses máis tarde, a este espazo uniuse outra parcela cunha edificación con expediente de ruína. Este espazo aumentouse o pasado ano coa adquisición dun terreo de 46 m2