O Concello de Quiroga organiza unha viaxe ao Concello de Arouca
O Concello de Quiroga, en colaboración co Concello de Arouca, organiza unha viaxe a esta localidade portuguesa o domingo 6 de outubro.
O motivo da viaxe é visitar a Ponte colgante situada sobre o río Paiva. Trátase da ponte peatonal colgante máis longa do mundo. Con 516 m de extensión está localizada no municipio da Gran Área Metropolitana de Oporto, da Rexión do Norte, distrito de Aveiro, en Portugal.
Para esta excursión sairíase ás sete da mañá dende Quiroga, para facer unha visita gratis á ponte colgante ás 11.45 horas, ás dúas e media disfrutaríase dunha comida típica da zona antes de emprender camiño de regreso para Quiroga ás cinco da tarde.
O prezo da viaxe sería de 30 euros para o autobús, que se abonarían no momento de formalizar a reserva, e outros 30 euros para o xantar que se abonarían no restaurante.
As persoas interesadas deben de facer as súas reservas na Casa da Cultura antes do 27 de setembro.