O Concello de Quiroga organiza este xoves unha andaina nocturna solidaria

RibeiraSacraXa
Todo o recadado destinarase á Asociación Española Contra o Cancro
andaina-solidaria-quiroga
4 Aug 2025

O Concello de Quiroga organiza o vindeiro xoves 7 de agosto unha andaina nocturna solidaria baixo o nome Noite de Estrelas, coincidindo coa chegada das perseidas. A actividade, aberta a todas as idades, terá un percorrido sinxelo de 6 quilómetros que partirá da Praza de España e pasará pola Ermida, San Vitorio, Conchada e A Praza Maior, para regresar ao punto de inicio.

A saída está prevista para as 22:00 horas e o custo da inscrición será de 5 euros para adultos e 3 euros para menores de 16 anos. Todo o recadado destinarase á Asociación Española Contra o Cancro.

As persoas interesadas poden inscribirse na recepción do Concello durante as mañás ata o 6 de agosto, ou o propio día da andaina, unha hora antes da saída, na Praza de España. Os 100 primeiros inscritos recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa.

A actividade está organizada polo Concello de Quiroga, dentro do programa “A Tope co Deporte”, e conta coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel.

⚙ Configurar cookies
0.051529884338379