O Concello de Quiroga aproba axudas para vinte e dous estudantes
RibeiraSacraXa
Vinte e dous estudantes de Quiroga que cursan ensinanzas superiores fóra da vila recibirán axudas económicas por parte do Concello de Quiroga.
5 Xan 2023
Vinte e dous estudantes de Quiroga que cursan ensinanzas superiores fóra da vila recibirán axudas económicas por parte do Concello de Quiroga.
Os beneficiarios destas axudas anuais que tramita a área de educación do Concello son todos as persoas que presentaron a solicitude.
Nesta edición, a partida orzamentaria estaba fixada en 7.000 euros, que se reparte entre os solicitantes en función do gasto xustificado, estando a contía máxima marcada en 325 euros.
Os gastos subvencionables destas axudas son a matrícula educativa, a compra de libros de texto ou material escolar, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte, sempre que figuren a nome do estudante que solicita a achega económica.