O Concello de Quiroga alerta aos veciños dunha posible estafa
RibeiraSacraXa
Avisan de que varias persoas están indo a domicilios do municipio e alegan que van en nome do Concello para a revisión da auga
4 Mar 2021
O Concello de Quiroga vén de alertar aos veciños e veciñas dunha posible estafa que está tendo lugar estes días no termo municipal.
Segundo explican, unha serie de persoas está indo polas casas alegando que van en nome do Concello para facer unha revisión e análise da auga.
O Concello afirma que se trata dunha fraude e piden aos veciños que "non se lle abra a porta a ninguén, se van con esa intención".
No caso de sufrir este intento de estafa, recomendan avisar á Policía Local de Quiroga chamando ao teléfono 649 819 052 ou á Garda Civil, no 062.