O Concello de Pantón segue promovendo actividades para a súa veciñanza

RibeiraSacraXa
O mércores, 16 de outubro, organízase unha saída desde Pantón a Santiago de Compostela para desfrutar da obra 'Terceiro Acto'
Concello-de-Pantón
9 Out 2024

O Concello de Pantón segue promovendo actividades para a súa veciñanza e achegados, presentando novas datas para a celebración das mesmas.

Desta maneira, o mércores, 16 de outubro, organízase unha saída desde Pantón a Santiago de Compostela para desfrutar da obra 'Terceiro Acto' no Salón Teatro dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. O autobús sairá as 14.45 horas de diante do BBVA.

Pola súa parte, o departamamento de Cultura do Concello de Pantón organiza para o sábado, 19 de outubro, a ruta do Xanarteiro, unha ruta circular que comezará ás 10:00h na Lama do Curro, para percorrer case 7 quilómetros dunha dificultade media-baixa.

Finalmente, anuncian que xa está aberto o prazo de inscrición aberto para participar nunha nova edición do obradoiro de Técnicas de Traballo Intelectual, que se desenvolverá os mércores en horario de 17.30 a 19.00 horas, comezando o 23 de outubro.

0.20326018333435