O Concello de Pantón segue a sumar actividades no seu entroido
O Concello de Pantón suma ao xoves de comadres e xoves de compadres un desfile que terá lugar o día 5 de marzo. Polas rúas do Castro de Ferreira ata o paseo das Bernardas.
A programación dará comezo ás 15.30 cunha concentración no CEIP Monte Baliño e continuará co desfile polas rúas da vila a partir das 16.00 horas.
O resultado do concurso darase a coñecer polas redes sociais do Concello e polos medios de comunicación habituais.
Nesta xornada de ocio e entroido, haberá música grazas a charangas e bandas de bombos que se encargarán de amenizar o desfile.
XOVES DE COMPADRES E COMADRES
Nos comezos desta tradición o día de Compadres, as mulleres, roubaban a roupa dos homes e creaban un boneco caracterizado coas roupas co único fin de burlarse deles. Á semana seguinte, os homes desquitábase no Xoves de Comadres facendo o mesmo.
Co paso do tempo, a tradición modificouse e incluíu tonalidades na convocatoria, a día de hoxe os veciños encárganse de realizar diferentes escenas costumistas que reflicten con sátira e humor montaxes da actualidade, moitas veces utilizando a crítica social.