O Concello de Pantón presenta o seu campamento de verán para nenos e nenas
A Concellaría de Cultura do Concello de Pantón organiza para a tempada estival campamentos de verán para ofrecer actividades de lecer para os máis novos e axudar á conciliación familiar fóra da época lectiva.
O campamento de verán de Pantón desenvolverase nos meses de xullo e agosto de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, agás os festivos, con diferentes actividades que se estruturan en quincenas e destínase ás nenas e nenos nadas entre 2012 e 2020.
O prazo para inscribirse nas diferentes quincenas ábrese desde este luns, 10 de xuño, ata o venres, 14 de xuño e as inscricións faranse na casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 horas.
As prazas son limitadas, tendo prioridade as nenas e nenos empadroados no concello de Pantón e o prezo por quincena é de 20 euros por neno e de 30 euros se se trata de máis dun neno da unidade familiar.