O Concello de Pantón organiza unha xornada micolóxica
RibeiraSacraXa
A xornada estará guiada por Saúl de la Peña Lastra, profesor e investigador da Universidade de Compostela
10 Nov 2024
O Concello de Pantón organiza unha xornada micolóxica para o vindeiro domingo, 27 de novembro, na Casa da Cultura.
Da man de Saúl de la Peña Lastra, profesor e investigador da Universidade de Compostela, as persoas interesadas en participar desta iniciativa na que xa se poden apuntar, poderán saber máis sobre o mundo da micoloxía.
Así, todo comezará ás 9.30 horas coa charla ‘Introdución á micoloxía e fungos medicinais co investigador e logo haberá unha saída ao campo.
Finalmente, a xornada rematará cuns pinchos no edificio sociocultural de Pantón.