O Concello de Pantón organiza unha actividade dirixida a homes no marco do 25N

No marco da programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Pantón organiza unha actividade destinada exclusivamente a homes baixo o título “Por que nos xuntamos os homes?”.
A cita será o martes 18 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira. A iniciativa, promovida polo departamento de Servizos Sociais do Concello, busca crear un espazo de encontro e coidado onde os participantes poidan compartir inquedanzas sobre o papel dos homes na sociedade actual e o seu compromiso con unha igualdade real.
Durante a sesión reflexionarase sobre cuestións como a responsabilidade dos homes para acabar coa violencia, como recoñecer e abandonar privilexios, a importancia de reconectar coas emocións e a vulnerabilidade, e a posibilidade de organizarse como grupo para contribuír a eliminar as desigualdades de xénero.