Pantón organiza o seu I Mercado de Nadal os días 3 e 4 de xaneiro

O Concello de Pantón pon en marcha o seu primeiro Mercado de Nadal, que se celebrará os próximos días 3 e 4 de xaneiro.
As persoas interesadas en participar cun posto poden inscribirse para formar parte desta iniciativa ata 26 de decembro, de xeito presencial na Casa da Cultura ou a través da sede electrónica. Poden participar profesionais que desenvolvan actividades relacionadas coa decoración de Nadal, antigüidades, artesanía, alimentación, xoguetes ou complementos.
Os postos estarán abertos ao público na Praza do Concello de 11:00 a 19:00 horas ambos días.