O Concello de Pantón organiza este martes unha nova xuntanza do ciclo “Por que nos xuntamos os homes?”

RibeiraSacraXa
A actividade, dirixida exclusivamente a homes, busca reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual
xuntanza-homes-25-n-panton
22 Feb 2026

Tras o éxito das edicións anteriores, o Concello de Pantón continúa coas sesións do ciclo “Por que nos xuntamos os homes?”, que celebrará o seu cuarto encontro o martes 24 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira.

A actividade, dirixida exclusivamente a homes, busca reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual. Nas edicións anteriores, a iniciativa conseguiu reunir a unha trintena de participantes na primeira sesión e contou cunha gran acollida entre os veciños da localidade.

Durante a charla, os asistentes terán a oportunidade de intercambiar experiencias e opinións para abordar cuestións relacionadas cos privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino. O Concello anima a todos os homes interesados a asistir e participar nesta nova cita.

0.078281879425049