O Concello de Pantón levou a cabo obras de abastecemento de agua e de mellora de instalacións

RibeiraSacraXa
As obras de abastecemento de auga e remodelación e mellora de instalacións chegaron ao seu fin no Concello de Pantón, cuxo rexedor, José Luis Álvarez, mostrou a súa satisfacción ao "mellorar a calidade de vida da veciñanza".
11 Xan 2023

As obras de abastecemento de auga e remodelación e mellora de instalacións chegaron ao seu fin no Concello de Pantón, cuxo rexedor, José Luis Álvarez, mostrou a súa satisfacción ao "mellorar a calidade de vida da veciñanza".

Por unha banda, o equipo de goberno acometeu integramente as obras de abastecemento de auga de Guítara cun orzamento de 80.000 euros e dotou de auga aos núcleos de Pereiro e Galegos con 50.000 euros.

Tamén, con 50.000 euros, levou o colector de auga a Salcedo en Moreda a través do Plan Único. Con esta iniciativa, Álvarez cumpre o compromiso feito hai un de tentar que toda a veciñanza teña este servizo.

Ademais doutras obras de abastecemento que se executan a través de Augas de Galicia, finalizáronse varias obras de mellora de distintas instalacións, como a remodelación do pavillón municipal á que se dedicaron 150.000 euros para arranxar o teito, acondicionar chans e vestiarios e pintar as instalacións.

Na Casa do Concello e na Casa da Cultura, o equipo de goberno dedicou 50.000 euros para mellorar a accesibilidade na primeira coa instalación dun ascensor e mellorouse a canle de auga da Casa da Cultura para evitar filtracións de auga ao interior.

José Luis Álvarez, destacou que nestes primeiros meses terá final o proxecto das residencias que a Fundación San Rosendo executará en Pantón e comezarán as obras "en breve, despois de que o convenio estea xa asinado".

0.13674187660217