O Concello de Pantón contará con melloras en diferentes puntos do municipio
RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón contará con melloras en diferentes puntos do municipio
22 Apr 2023
Varios puntos do Concello de Pantón van ser mellorados despois de que técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia visitaran Pantón para realizar estudos para as próximas melloras a realizar neles.
Así, o Cruceiro de Castillón (o máis antigo da provincia) e o aparcamento da Igrexa de San Vicente de Pombeiro foron puntos de interese para a Xunta, así como a igrexa de San André de Ribeiras de Miño, na que se restaurará o retablo.
Ademais, poñerase en marcha a III fase da excavación do xacemento do Preguntoiro (Pombeiro).
Tamén visitaron o Castro de Guítara, onde a Consellería de Política Social e Xuventude realizará un Campo de Traballo nos meses de verán.