O Concello de Pantón comeza a preparar o entroido
O Concello de Pantón está a preparar o entroido, tratando de que se manteña a tradición do xoves de comadres e compadres. As asociacións, veciños, parroquias e demais grupos poden inscribirse na casa da cultura en horario de luns a venres de 10.00 a 20.00 ou chamando ao teléfono 982 456 377.
Nos comezos desta tradición o día de Compadres, as mulleres, roubaban a roupa dos homes e creaban un boneco caracterizado coas roupas co único fin de burlarse deles. Á semana seguinte, os homes desquitábase no Xoves de Comadres facendo o mesmo.
Co paso do tempo, a tradición modificouse e incluíu tonalidades na convocatoria, a día de hoxe os veciños encárganse de realizar diferentes escenas costumistas que reflicten con sátira e humor montaxes da actualidade, moitas veces utilizando a crítica social
Noutras edicións, o Concello organizou un desfile e un posterior concurso de disfraces que remataba coa entrega de premios e unha tradicional chocolatada.