O Concello de Pantón celebrou o remate do Servizo de Conciliación e anuncia as datas do Campamento de Verán
Este venres, 21 de xuño, coincidindo co final de curso escolar, o Concello de Pantón celebraba o remate do Servizo de Conciliación, actividade que se desenvolve en horario de 8.00 a 9.45 horas durante a época lectiva do alumnado, atendeu a 17 rapaces, co que se busca axudar á conciliación das familias con nenos/as en idade escolar.
Coa mesma intención organízase na tempada estival o Campamento de Verán, que dá servizo a nenos e nenas durante o período vacacional, que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 31 de agosto en horario de 10.00 a 14.00 horas. Inclúese na actividade o servizo madruga que terá horario de 9.00 a 10.00 horas.
Case medio cento de cativos/as participarán do Campamento de Verán de Pantón, proposta que se desenvolve por quincenas con variadas actividades de lecer para a infancia como explica a concelleira de cultura, Cristina Domínguez: “Contaremos con obradoiros, disfraces, xogos ao aire libre, excursións e saídas polo concello, cine, búsquedas do tesouro, xogos de agua, actividades deportivas… todo tendo a selva como temática de fondo, o que convertirá aos nosos nenos e nenas en aventureiros que aprenderán xogando e divertiranse coñecendo máis do seu municipio”.