O Concello de Pantón acolle un obradoiro para aprender a conservar os vexetais

RibeiraSacraXa
Os vindeiros 26 e 27 de xaneiro (xoves e venres) terá lugar un obradoiro de conservas vexetais no Concello de Pantón ao que os interesados xa poden inscribirse chamando ao número 982 45 63 77, dispoñible de luns a venres polas mañás.
12 Xan 2023

Esta iniciativa está aberta a todos os veciños e veciñas do municipio que estean interesados, que terán prioridade para inscribirse, aínda que tamén está aberto a persoas de fóra do Concello.

Patrocinado pola Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, este curso terá horario de 16.00 a 20.00 horas e nel os asistentes aprenderán a traballar con produtos da horta para conservar os excedentes e que duren ao longo do ano.

O obxectivo é adquirir coñecementos para conservar os produtos propios e naturais que a poboación do rural produce nas súas vivendas co fin de promover o autoconsumo para promover a proximidade do rural e o aforro económico.

0.081191062927246