O Concello de Monforte volve gañar unha sentenza sobre a Zona C

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Monforte vuelve a ganar una sentencia sobre la Zona C que comprende los terrenos entre Rof Codina y el barrio Cobas.
xulgado lugo
3 Abr 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, relacionada coa denominada Zona C, que comprende os terreos localizados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.

“É a segunda sentencia en menos dun mes que falla a favor do Concello e que confirma que estamos actuando de acordo coa legalidade”, destaca o Alcalde.

En concreto, trátase dunha sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto pola familia Conde no que solicitaba “a adopción de medida cautelar, consistente na suspensión da executividade da resolución recorrida, isto é, da execución das obras de urbanización da Zona C da NNSS de Monforte de Lemos”.

Para elo, a recurrente afirmaba que “a actuación administrativa está baseada na vía de feito porque se deu comezo a execución das obras sin que exista un Proxecto de urbanización aprobado”.

Sen embargo, no seu Auto, o número 31/2022 do 18 de marzo de 2022, o Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, recolle a defensa levada a cabo polos representantes legais do Concello que manifestan que “si que existe previo expediente previo ao comezo das obras, con todos os informes favorables a dito proxecto de urbanización, así como o acto expreso de aprobación de dito proxecto”.

En concreto, o expediente administrativo no que se aproba o proxecto de urbanización e dotación de servizos da Zona C data do 9 de setembro de 2021, logo dun acordo municipal adoptado tras a emisión dos informes municipais que constan no expediente, no que se aproba o “Proxecto de Urbanización e dotación de servizos da Zona C definida en NSP de Monforte de Lemos”, redactado en xullo de 2021 por Monsa Urbanismo.

Deste xeito, a Xustiza volve a confirmar a legalidade das actuacións que o Concello levou a cabo en relación co proxecto da Zona C, logo de que hai uns días dera tamén á razón á entidade municipal en relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L.

José Tomé reitera a súa satisfacción “por esta nova resolución que volve dar unha vez máis a razón ó Concello, e que nos permite seguir adiante co proceso construtivo que iniciamos a mediados do pasado mes de febreiro para urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos localizados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que sen dúbida cambiará a fisionomía da nosa cidade”.

Antecedentes
O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.

O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.

O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.

A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.

Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.

Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C. O remate das obras está previsto que sexa, se todo avanza segundo os prazos determinados, estímase no verán deste ano 2022.

0.10111808776855