O Concello de Monforte vai acometer obras de mellora na rede de abstecemento de auga da rúa Roberto Baamonde

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte vai acometer obras de mellora na rede de abstecemento de auga da rúa Roberto Baamonde
suministro auga
24 Jul 2023

Este mércores, 26 de xullo, o goberno local de Monforte levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.

Os traballos suporán que se leven a cabo cortes dende as 9.00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde, dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia, e na marxe dereita da Avenida de Galicia á altura da parada de taxis.

Os cortes no abastecemento, manterase ao longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras, polo que desde o goberno local piden desculpas e paciencia aos usuarios desta zona por non ter o servizo habilitado pola mañá.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16775512695312