O concello de Monforte rexistra unha avaría no subministro da auga
RibeiraSacraXa
O concello de Monforte de Lemos rexistra unha avaría no subministro da auga que afecta a Baamorto, Cinsa, San Xoán de Tor e Seoane
4 Nov 2022
O Concello de Monforte de Lemos informa de que se vén de producir unha avaría no subministro de auga que afecta ás parroquias de Baamorto, Cinsa, San Xoán de Tor, San Xulián de Tor e Seoane.
A avaría xa está sendo reparada nestes momentos por numerosos operarios e agárdase que o servizo poida ser restablecido o antes posible para causar as mínimas molestias.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e veciñas da zona e rogan “desculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar”.