O Concello de Monforte renova o chan do parque infantil da rúa Santiago
O Concello de Monforte vén de adxudicar a renovación do chan continuo do parque infantil da rúa Santiago, co fin de solucionar o deterioro no que se atopaba a superficie.
A obra de mellora adxudicouse por un importe de preto de 11.000 euros e terá un prazo de execución de tres meses.
“Ante o estado de deterioro no que se atopaba o chan do parque infantil, dende o equipo de goberno decidimos acometer esta obra de mellora para que os nenos e nenas usuarios de dito parque, podan disfrutar do mesmo con comodidade e seguridade”, destacou o alcalde, José Tomé.
Os traballos consistirán na instalación dun chan continuo de caucho, con un espesor de entre 340 e 60 milímetros, segundo a normativa vixente, e sobre unha superficie de 150 metros cadrados.
Está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días, para o que se deberá proceder ao peche do parque infantil.