O Concello de Monforte realizará mañá obras de mellora na rede de abastecemento de auga

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte realizará mañá obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Santa Clara
auga saneamento subministro
28 Nov 2022

O Concello de Monforte informa de que mañá martes 29 de novembro levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Santa Clara, concretamente na acometida de abastecemento ubicada á altura do número 18.

A tal efecto, estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9.00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Santa Clara, ó Camiño da Barxa, á rúa da Veiga e un tramo da Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, en concreto, entre o Camiño de Santa Clara-A Veiga e o Camiño das Codesás.

Tamén estas actuacións levarán a que, a partir das 9.00 horas, se proceda ó corte de tráfico de vehículos en dita rúa Santa Clara.

Os cortes, tanto no tráfico de vehículos coma no abastecemento, manterase ó longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras.

0.19318985939026