O Concello de Monforte realiza traballos de control de pragas de insectos no Parque do Hospital
RibeiraSacraXa
As instalación reabrirán ao público este martes tras finalizar as labores

Parque do Hospital, Monforte
14 Jul 2025
O Concello de Monforte de Lemos informa de que este luns, 14 de xullo, o Parque do Hospital permanecerá pechado para realizar traballos de control de pragas de insectos.
Segundo explica o alcalde, José Tomé Roca, a primeira hora da mañá comezaron as tarefas de fumigación en toda a zona do parque, polo que non se poderá acceder durante toda a xornada. Está previsto que o parque reabra o martes 15 de xullo e recupere o seu uso habitual.