O Concello de Monforte realiza de traballos de control de pragas de insectos na zona de xogos do parque da compañía
RibeiraSacraXa
A zona permanecerá pechada durante toda a xornada deste luns

Parque da Compañía
7 Jul 2025
O Concello de Monforte informa aos veciños do peche da área de xogos infantís do Parque da Compañía durante este luns, día 7 de xullo, para proceder á realización de traballos de control de pragas de insectos na zona.
A primeira hora da mañá procederase á realización de traballos de fumigación da zona onde se atopan os xogos infantís, motivo polo que permanecerá pechado durante todo o luns procedéndose á apertura do mesmo, o martes, día 8, cando xa se poderá utilizar con normalidade.