O Concello de Monforte outorga 5.000 euros á Sociedade A Fraternal

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar co representate da Sociedade Cultural, Artística e Recreativa A Fraternal, Isaac Mosquera Sampe, un convenio que permitirá canalizar dende o Concello unha subvención directa de carácter excepcional, coa que “contribuiremos a que poidan financiar e sufragar gastos de funcionamento e mantemento do seu local social”.
convenio Concello Monforte Sociedade Fraternal
7 May 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar co representate da Sociedade Cultural, Artística e Recreativa A Fraternal, Isaac Mosquera Sampe, un convenio que permitirá canalizar dende o Concello unha subvención directa de carácter excepcional, coa que “contribuiremos a que poidan financiar e sufragar gastos de funcionamento e mantemento do seu local social”.

Esta decisión de outorgar unha axuda excepcional á Fraternal foi adoptada polo rexedor “dadas as difíciles circunstancias polas que está pasando esta histórica sociedade recreativa monfortina, que conta con máis de 100 anos de historia e que é un referente e un icono na nosa cidade” destaca José Tomé.

Neste senso, en xaneiro do presente ano, a Sociedade tivo que pechar a súa cafetería pola renuncia do profesional que a atendía, que tamén abría e pechaba as instalacións. Tamén acumula débedas coa compañía que lles facilita o subministro eléctrico. Deste xeito, a Xunta de Goberno local celebrada o pasado 25 de marzo de 2024, decidiu aprobar o convenio que canaliza esta subvención directa de carácter excepcional outorgada, por importe de 5.000 euros “co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación de “Gastos de funcionamento” na anualidade 2024 de La Fraternal”.

O alcalde di ser sensible coas necesidades desta entidade e cos seus socios, que alcanzan o centenar, porque “dende o Concello non podemos permitir que unha sociedade do prestixio e da soleira que ten La Fraternal poida desaparecer”.

Sociedade histórica monfortina

La Fraternal, naceu a finais do século XIX á vez que o ferrocarril comezaba a instaurarse en Monforte. Forma, xunto co Círculo Victoria e o Ateneo Casino as tres sociedades recreativas históricas de Monforte.

A sociedade La Fraternal está vinculada á orixe e crecemento do barrio da Estación á calor da chegada do ferrocarril a Monforte; a súa fundación puido ter lugar ao redor de 1899.

Nos seus primeiros tempos, a súa sede estaba na entón denominada Estrada Nova, a actual rúa Leopoldo Calvo Sotelo. A súa localización actual, na planta baixa e o piso superior do número 43 da rúa Concepción Arenal, estreouna a principios dos anos 40, despois da compra do solar en 1946 e de construído o edificio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2078161239624