O Concello de Monforte modifica o tráfico na cidade polo paso do Gran Camiño
RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte modifica o tráfico na cidade polo paso do Gran Camiño e piden aos cidadáns paciencia
23 Feb 2023
O paso do Gran Camiño polo Concello de Monforte farán que se modifique o tráfico normal, que afectará a zonas concretas da cidade.
Estímase que dende as 12.15 horas ata as 13.00 horas, estarán cortadas ao tráfico, es seguintes rúas: Estrada de Chantada, rúa Chantada, Avenida de Galicia (desde o inicio ata o cruce coa rúa Cardenal Rodrigo de Castro), Cardenal Praza Ponte Fontecha, Compañía e Escultor Francisco Moure.
Tamén permanecerá cortada a entrada de vehículos a estas rúas desde as laterais que teñan ligazón ao cruce coas mesmas.
Dende o Concello queren pedir desculpas aos cidadáns polas posibles molestias ocasionadas e informar de que o tráfico quedará restituído en canto sexa posible.