O Concello de Monforte mercará un camión grúa por 30.000 euros

RibeiraSacraXa
Vense de abrir o proceso de licitación para a adquisición deste vehículo, destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos
18 Mar 2021

O Concello de Monforte vén de abrir o proceso de licitación para a adquisición dun novo camión grúa destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos a labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior.

O prezo de licitación para a compra do novo vehículo municipal estableceuse en 30.000 euros e o prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto iniciouse este mércores. As empresas interesadas en presentar ofertas poderán facelo ata o xoves 1 de abril.

Entre outras cuestións, o camión grúa deberá dispor da máxima maniobrabilidade e fiabilidade posible, cun reducido consumo de combustible e mínimas emisións. Deberá tratarse, tanto o vehículo como a plataforma, de modelos que se encontren actualmente no mercado e que a súa comercialización estea prevista polo menos durante 24 meses desde a presentación da oferta.

0.18390321731567