O Concello de Monforte informa sobre o sorteo público de prazas do Programa Activa
Tal e como se vén de coñecer, o Concello de Monforte informa acerca da apertura do prazo extraordinario de solicitudes para as actividades que aínda teñan prazas vacantes do Programa Activa 2022-2023.
Segundo se establece nas condicións para participar nas actividades do programa, a adxudicación de prazas no Centro Cívico realizarase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade unha vez finalizado o prazo de solicitude e diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida. No caso de presentarse a solicitude de participación conxunta optarán a praza ou a lista de agarda cun único número.
Porén, se non se cobren as prazas para unha actividade concreta non se realizará sorteo e asignaranse segundo a orde de entrada.
O sorteo será público e realizarase hoxe ás 12.30 horas no salón de actos do Centro Cívico-Social para as actividades de: ximnasia acuática 1, ximnasia de mantemento 1 e 2, competencias dixitais 1 e 2, conservando a memoria 2, bailes de verbena 2.
Tralo sorteo procederase a publicar na páxina web e no taboleiro dos servizos sociais a listaxe de persoas con praza adxudicada e en lista de agarda así como as actividades con prazas dispoñibles.
No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, poderase abrir un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Así mesmo, poderase anular o inicio dunha actividade se non se cobren o 75% das prazas ofertadas finalizado o período de inscrición. Antes de decidir anular unha actividade, desde os Servizos Sociais valoraranse alternativas có fin de promover a súa impartición.
Tendo en conta que existen prazas vacantes nalgunhas das actividades ofertadas procédese a abrir o prazo extraordinario de solicitudes do 24/10/2022 ó 28/10/2022. As persoas interesadas poderán acudir á Secretaría dos servizos sociais para informarse acerca das prazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude exclusivamente segundo o modelo establecido.
Na asignación de prazas terase en conta a orde de entrada no Rexistro así coma os seguintes criterios de prelación: solicitantes con praza nunha actividade na que o número de solicitudes sexa inferior a 3 e que se valore a imposibilidade de realizala por non cubrir a porcentaxe mínima establecida, solicitantes en lista de agarda logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas, novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario e solicitantes con praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).