O Concello de Monforte iluminará de azul a Torre da Homenaxe para conmemorar o Día Internacional da Dislexia

RibeiraSacraXa
A iniciativa está coordinada por Disfam e OIDEA e forma parte da campaña internacional “Unidos pola Dislexia”
torre-da-homenaxe-monforte
7 Oct 2025

O Concello de Monforte súmase ás conmemoracións do Día Internacional da Dislexia este mércores, 8 de outubro, iluminando de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe como xesto simbólico e mostra de solidariedade coas persoas diagnosticadas con este trastorno da aprendizaxe da lectoescritura.

A iniciativa está coordinada por Disfam e o Observatorio Internacional de Dislexia e outras Dificultades de Aprendizaxe (OIDEA), e forma parte da campaña internacional “Unidos pola Dislexia”, que pretende lograr unha maior concienciación e visibilidade das persoas con este trastorno.

O trastorno afecta a a un 10% da poboación mundial e, segundo apuntan desde Disfam, a dislexia detéctase tarde por ser un trastorno totalmente invisible, que ocasiona a maior parte dos fracasos e abandonos escolares.

As organizacións convocantes destacan o importante impacto que esta campaña ten desde hai anos e animan ás institucións a iluminar de cor azul turquesa algún edificio ou monumento, en solidariedade con este colectivo. No caso de Monforte, será a Torre da Homenaxe, no conxunto monumental de San Vicente, a que faga visible o apoio a este colectivo desde o Concello.

⚙ Configurar cookies
0.23107719421387