O Concello de Monforte fallou os premios de Poesía de Nadal 2021

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Monforte de Lemos ya tiene a los ganadores del Concurso de Poesía de Navidad 2021 convocado por la biblioteca.
poesia escribir
16 Xan 2022

O pasado martes 11 de xaneiro, reuniuse o xurado encargado de fallar os premios de Poesía de Nadal 2021, convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Municipal de Lugo. Dito xurado resolveu outorgar os seguintes galardóns.

A categoría A que recollía os traballos dos nenos de ata 8 anos contou cun primeiro premio para Víctor Delgado Feijoo de 6 anos do CEIP Novo. O segundo premio gañouno Carlos Alberto Martínez López de 6 anos do CEIP Novo. O terceiro premio foi para Martina Rodríguez López de 8 anos do Colexio Ferroviario. Nesta categoría os accéstits foron para Dayma Pino Valcárcel de 8 anos do Colexio Ferroviario e ademais, concedeuse un premio á clase de 1ºA do Colexio Novo polo poema que fixeron en común.

Na categoría B que recolle os traballos dos nenos de 9 a 12 anos concedeu o primeiro premio Sara Domínguez Rodríguez de 11 anos do CEIP A Gándara. O segundo premio foi para Adrián Valdés Quiroga de 9 anos do Colexio Ferroviario. O terceiro premio gañouno Zaira Valdés Lamas e Sara Rodríguez Cid de 11 anos que estudan no Colexio Escolapios. Os accésits foron para Mathias Ringewald Rainer de 11 anos do CEIP A Gándara e Sara Pérez Pallín de 10 anos do Colexio Escolapios.

Na categoría C de 12 a 16 anos o gañador do primeiro premio foi Rodrigo Cota Pérez de 12 anos do IES A Pinguela, o segundo premio foi para Jimena García Varela de 13 anos do Colexio Ferroviario e, o terceiro premio gañouno para Chymae Yausfi de 13 anos do Colexio Ferroviario.

0.099499940872192