O Concello de Monforte destina máis de 21.000 euros en axudas para a celebración de festas nos barrios e parroquias

RibeiraSacraXa
En total, beneficiaranse destas axudas 22 entidades veciñais e comisións de festas monfortinas
procesion-san-antonio-monforte
Festas de San Antonio, Monforte
28 Nov 2025

O Concello de Monforte aprobou a concesión de subvencións para apoiar a celebración de festas populares nos barrios e parroquias durante o próximo ano. En total, 22 entidades veciñais e comisións de festas recibirán axudas que suman 21.423,50 euros, segundo informou o alcalde, José Tomé Roca.

A resolución tomouse na Xunta de Goberno Local o pasado 17 de novembro, e os beneficiarios teñen de prazo ata o 5 de decembro para xustificar os gastos realizados coas subvencións.

O rexedor local destacou que estas axudas buscan “potenciar as festas de barrios e parroquias e preservar as tradicións de Monforte”. Ademais, lembrou que desde 2024 se estableceu unha contía máxima de 1.000 euros por entidade, o que supuxo un aumento do 100% no investimento destinado ás parroquias para a organización das súas celebracións.

Entre os beneficiarios atópanse asociacións de veciños e comisións de festas de parroquias e barrios como Santa Mariña do Monte, Gullade, Cobas, San Vicente do Pino, Bascos, Moreda, San Xoán de Tor, Cinsa, San Antonio, Carud, A Vide, San Xulián de Tor, A Parte, Fiolleada, Seoane, Sindrán, Caneda, Piñeira, A Penela, Valle de Lemos, Chao do Fabeiro e Reigada.

⚙ Configurar cookies
0.079247951507568