O Concello de Monforte destina 12.000 euros en axudas a asociacións que promovan actuacións en servizos sociais

RibeiraSacraXa

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que aprobaron as bases para a convocatoria anual de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no Concello de Monforte, durante o exercicio 2024.

Goberno local concello de monforte
Goberno local concello de monforte
20 abr 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que aprobaron as bases para a convocatoria anual de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no Concello de Monforte, durante o exercicio 2024.

“Con estas axudas dende o Goberno municipal queremos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables”, sinala o rexedor.

Esta liña de axudas posta en marcha polo Equipo de Goberno busca fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2024, concretamente no período 01/01/2024 ó 30/11/2024, ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención. Do mesmo xeito, como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 75% do seu orzamento.

Aberto o prazo

No procedemento de valoración da contía da subvención, terase en conta a memoria técnica do proxecto que será valorado consonte ós criterios de valoración. O cálculo da subvención basearase no valor punto que será o resultado de dividir  o importe total do proxecto subvencionable do correspondente exercicio entre a puntuación máxima que se pode obter (20 puntos).

O prazo de solicitude para estas axudas é de 20 días hábiles, polo que estará aberto dende o vindeiro luns 22 de abril ata o martes 21 de maio de 2024. As entidades interesadas deberán presentar a solicitude e documentación complementaria obrigatoriamente por medios electrónicos a través do procedemento específico dispoñible  na sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos. Establécese como prazo para a xustificación dos proxectos executados no exercicio 2024 ata o día 1 de decembro de 2024 incluído.