O Concello de Monforte conmemorará o Día Mundial do Sida
O Concello de Monforte conmemorará o día de mañá, 1 de decembro, o Día Mundial do Sida. Para elo iluminará de vermello a Torre da Homenaxe.
Esta actividade ponse en marcha para apoiar a campaña Vive en Positivo do Ministerio de Sanidade que ten como obxectivo promover entre a poboación xeral o respecto cara ás persoas con infección polo VIH, sensibilizando e informando sobre o dereito á igualdade de oportunidades que evitan situacións de discriminación.
Ás persoas co VIH viven o estigma e a discriminación que constitúen unha vulneración de dereitos e persiste como barreira para acceder a servizos de prevención, diagnóstico e tratamento, empeorando a calidade de vida e a saúde das persoas afectadas.
Os avances nos tratamentos e na atención sanitaria melloraron a esperanza e a calidade de vida das persoas co VIH convertendo a infección nunha enfermidade de evolución crónica.
O estigma e a discriminación non só a sofren as persoas co VIH, senón tamén afecta os seus familiares e persoas achegadas. Ademais, en moitos casos, a infección polo VIH superponse a outras situacións preexistentes de grave exclusión social.
O Pacto Social abarca todos os ámbitos da vida, tanto públicos como privados, a través da promoción de políticas, estratexias e liñas de actuación e desenvólvese para tratar de favorecer a igualdade de trato e de oportunidades das persoas co VIH.
A nova estratexia baséase nos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a dignidade, librando do estigma e a discriminación coa que viven as persoas afectadas polo VIH.