O Concello de Monforte conmemora o 1 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía
O Concello de Monforte conmemora o domingo 1 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante do Parador de Turismo (San Vicente) ás 11.30 e ás 18.00 horas.
Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media. As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.
Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.
A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2024 ven impulsada pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos e o fai baixo o lema 'Unha gran familia', que engloba nunha árbore colectiva a todos os membros da Rede de Xuderías, a través dos cales se mantén e transmite a cultura xudía.