O Concello de Monforte comezou a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios para o depósito dos desperdicios

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte comeza a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios de depósito do lixo ante as queixas dalgúns veciños
concello monforte
concello monforte
7 feb 2023

Os responsables da Concellería de Medio Ambiente queren recordar, unha vez máis, os horarios de depósito e recollida de lixo ante o incumprimento continuado por parte dalgúns veciños da normativa vixente.

A Concellería de Medio Ambiente vén de recordar a necesidade de que os veciños cumpran coa ordenanza xeral de protección do medio ambiental e, en concreto, cos artigos correspondentes ao depósito e recollida de lixo.

Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños contra persoas que depositan o lixo en horarios inadecuados e as molestias que tales comportamentos ocasionan, como producir olores desagradables, o Concello de Monforte comezou a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios para o depósito dos desperdicios.

Dende a Concellería tamén se quere lembrar que, de haber denuncias dos servizos técnicos e dos axentes da Policía Municipal en relación co incumprimento das normas enumeradas, o Concello incoará de oficio os correspondentes expedientes sancionadores.

Depositar o lixo e os desperdicios sen bolsa nos contedores ou na vía pública, así como depositalos fóra do horario autorizado, constitúe unha infracción leve que pode ser castigada cunha multa de entre 20 e 100 euros.

O concello quere insistir aos cidadáns sobre a obriga de respectar as normas explicadas nun intento de mellorar a convivencia entre veciños, evitar olores desagradables nas rúas e manter a cidade limpa e libre de lixo para o desfrute de todos.

A Concellería de Medio Ambiente quere lembrar á veciñanza a obriga que teñen todos os monfortinos de cumprir coa Ordenanza Xeral de protección medioambiental. O artigo 63 da mesma, dedicado a Recipientes normalizados, explicita os horarios para depositar o lixo así como as normas para facelo. Tal e como se pode extraer do contido do mesmo,  as normas de cumprimento obrigado para todos os veciños de Monforte con respecto ao deposito do lixo son as seguintes:

  1. Os veciños deberán depositar os residuos nos recipientes normalizados que, o persoal do vehículo contedor, baleirará no camión.
  2. O lixo e desperdicios depositaranse en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores ou na vía pública, antes das 19:00 horas.
  3. Prohíbese depositar o lixo nas datas que o concello indique como inhábiles do servizo, o que se comunicará coa antelación precisa.