O Concello de Monforte avisa de cortes no subministro de auga durante a xornada deste mércores

RibeiraSacraXa
Afectarán á marxe dereita da Rúa Juan Montes debido aos traballos de supresión dos pasos a nivel
casa-concello-monforte
Concello de Monforte
8 Apr 2025

Dende o Concello de Monforte informan da interrupción do subministro de auga durante este mércores,9 de abril , pola necesidade de efectuar traballos derivados da obra de supresión dos pasos a nivel.

A zona afectada polo citado corte será a marxe dereita da Rúa Juan Montes, afectando
dende o nº 18 ata o nº 48, e os traballos realizaranse de 8.30 ás 14.30 horas.
Unha vez rematados os traballos, procederase ao restablecemento do subministro de auga con normalidade.

Dende o Concello solicitan a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.

⚙ Configurar cookies
0.1688129901886