O Concello de Monforte avisa de cortes de auga en varios puntos ao longo deste martes

O Concello de Monforte informa dun corte programado no subministro de auga que se realizará mañá martes, 8 de xullo, entre as 10:30 e as 12:30 horas. A interrupción afectará á marxe esquerda da rúa Historiador Dalmiro de la Válgoma e a un tramo da marxe dereita de Escultor Francisco Moure, concretamente desde o Bar Cristal ata a rúa Dalmiro de la Válgoma.
O corte débese aos traballos de conexión da nova tubaxe neste tramo, dentro da primeira fase de renovación da rede de abastecemento da rúa Escultor Francisco Moure.
A empresa concesionaria do servizo de auga, Aqualia, xa notificou a incidencia aos veciños directamente afectados, pero dende o Concello lémbrase esta información a toda a veciñanza por se algunha persoa aínda non recibise o aviso.