O Concello de Monforte avisa de cambios no servizo de recollida de residuos para este martes

RibeiraSacraXa
Debido á festividade de San Martín de Porres, prestaranse unicamente os servizos mínimos correspondentes a un día festivo, polo que o Concello pide aos veciños que non depositen lixo ese día
servizo-de-recollida-de-lixo-concello-de-monforte
3 Nov 2025

O Concello de Monforte de Lemos informa de cambios no servizo de recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria con motivo da festividade de San Martín de Porres, patrón desta actividade.

Segundo explicou o alcalde, José Tomé Roca, o convenio colectivo que regula as relacións entre a empresa concesionaria, FCC Medio Ambiente S.A., e o seu persoal establece o 3 de novembro como día festivo propio. Este ano, ao coincidir a data en luns, a festividade trasládase ao martes 4 de novembro. Por este motivo, mañá martes prestaranse unicamente os servizos mínimos correspondentes a un día festivo.

Desde o Concello piden á veciñanza que non deposite lixo ese día, co obxectivo de facilitar o correcto funcionamento do servizo e manter a limpeza na cidade.

⚙ Configurar cookies
0.072669982910156