Centos de persoas participaron na concentración no hospital comarcal de Monforte
Centos de persoas participaron da concentración promovida por A Por Todas Lugo A Mariña en favor da sanidade e celebrada en diante do hospital comarcal de Monforte de Lemos este xoves ás 12.00 horas.
O Goberno local de Monforte tamén participou desta iniciativa, á que se achegaron a primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán, e Consumo, Regina López, representaron ao equipo de Goberno.
Así, quixeron demostrar que os representantes dos veciños e veciñas monfortinos tamén esixen unha sanidade de calidade, xa que “cada vez se fai máis evidente a falta de enfermeiras dispoñibles para cubrir as ausencias do persoal da plantilla estable e a xestión do Sergas céntrase na improvisación continua afectando a calidade dos coidados que ofrecemos”, explicaban desde APT.