O Concello de Monforte ampliará o Polígono do Reboredo en 16,5 hectáreas

RibeiraSacraXa
O Polígono Industrial do Reboredo vai ser ampliado en 164.
poligono industrial Reboredo  monforte
27 Aug 2023

O Polígono Industrial do Reboredo vai ser ampliado en 164.846 metros cadrados da superficie actual, case 16,5 ha, “o que supón un incremento do 44,50 % da superficie actual, é dicir, case aumenta a metade, dado que o actual ten unha superficie aproximada de 370.600 metros cadrados”, sinalou o alcalde de Monforte, José Tomé.

A ampliación levarase a cabo pola parte noreste, incluíndo algunha parcela máis que se adquirirá neste procedemento para completar a superficie urbanizable sinalada de 164.846 metros cadrados. Neste senso, José Tomé explicou que o resultado da promoción e mellora constantes levadas a cabo dende o Concello desde o ano 2015 foi que “se venderan moitas parcelas, a tal punto que están todas vendidas e polo tanto, cunha proxección de que a medio prazo, o polígono existente terá todas as parcelas edificadas dentro da edificabilidade permitida legalmente”.

Deste xeito, o “éxito de promoción e venta das parcelas existentes, levou ao Concello a solicitar á Deputación Provincial de Lugo a cesión das parcelas que había comprado no seu día para que se implantase Pacadar, e que o Concello non permitiu a través dun informe do anterior Alcalde, dicindo que non se podían depurar as augas residuais desa empresa, e por iso non se puido instalar”.

Proceso

A Deputación de Lugo atendeu a solicitude do Concello e cedeu gratuitamente eses terreos para destinalos a fins industriais, e o alcalde explicou que dende o equipo de Goberno convocouse o concurso para a “Redacción da Modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento e do Plan Parcial do Polígono Industrial do Reboredo”, co obxecto de comezar a dar os pasos necesarios para a súa ampliación. Dito concurso foi adxudicado á empresa “Oficina de Planeamento, S.A.”, por un importe de 204.490 euros, sendo asinado o contrato, o día 13 de decembro de 2022.

Despois da tramitación municipal e en plenas Festas Patronais, na Xunta de Goberno do día 14 de agosto, o Concello aprobou o borrador do proxecto de Modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento e do Plan Parcial do Polígono foi enviado o día 23 do presente mes de agosto á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Esta Dirección Xeral é o órgano substantivo para a tramitación do Planeamento urbanístico e recaba outros informes sectoriais que sexan necesarios, dado que implica un cambio normativo de 16,48 ha, equivalente ó 0,08 % da superficie do termo municipal.

Neste aspecto, o alcalde aclarou que “dado que o regato do Carballo ten moita zona de Policía de Cauce, de 100 metros, limita o crecemento do Polígono cara a ese lado, polo que planteamos unha reorganización xeral das zonas verdes, que permita unha correcta utilización de solo industrial e ó mesmo tempo superamos as esixencias de zonas verdes, facendo unha zona ampla de esparcemento entre as traseiras da nova rúa e o cauce do Carballo”.

No mesmo senso, o borrador contempla tamén a posible permuta de ubicación de zona verde por ampliación de zona industrial e tamén varía a posibilidade de superficie para usos deportivos e novos viais para conectar o actual polígono coa posible ampliación cara o suroeste, “que temos solicitado que sexa acometida polo SEPES (SEA), o que lle permitiría comunicarse por tres lugares diferentes co obxecto de ter un Polígono industrial ben intercomunicado”.

José Tomé concluíu destacando que “para min como alcalde, con estas actuacións, imos facer aínda máis atractivo o noso polígono, con máis solo industrial, máis oportunidades para as empresas, mellor comunicado e con mellores servizos para a implantación de empresas, para xerar riqueza e xerar postos de traballo”.

poligono Reboredo Monforte reformado

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20256018638611