O Concello de Monforte alerta aos veciños dunha posible fraude
RibeiraSacraXa
Varios veciños recibiron chamadas nas que o interlocutor se identifica como da empresa ‘Hidroking’ e ofrécese a realizar unha análise de auga nas casas.
8 Abr 2021
O Concello de Monforte vén de alertar aos veciños e veciñas dunha posible fraude que se está a rexistrar no termo municipal. Segundo explican, varias persoas recibiron chamadas nas que o interlocutor se identifica como da empresa 'Hidroking' e ofrécese a realizar unha análise de auga nas casas, "alegando que a auga de Monforte se atopa en moi mal estado".
Ante estes feitos, o Concello de Monforte quere deixar claro que en ningún momento encargou a unha empresa o servizo de análise de auga, ao tempo que lembran que a auga está "en perfectas condicións para o consumo humano" no municipio.
Recomendan aos veciños que reciban estas chamadas que o poñan en coñecemento da Policía Nacional.