O Concello de Monforte abrirá o prazo de inscrición para o seguinte curso no Conservatorio Municipal

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar que o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Municipal de Monforte Mestre Ibáñez para o curso académico 2024/2025, nos distintos cursos e especialidades ofertados, abrirá dende o vindeiro 20 de maio.
conservatorio-Monforte
14 Maio 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar que o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Municipal de Monforte Mestre Ibáñez para o curso académico 2024/2025, nos distintos cursos e especialidades ofertados, abrirá dende o vindeiro 20 de maio.

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) será do 3 ao 24 de xuño e a proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño ás 12.00 horas. Pola súa parte, o prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 20 de maio ao 10 de xuño, xa que a proba será o día 11 de xuño ás 16.00 horas. E o prazo para inscribirse na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais será do 3 ao 17 de xuño e a proba terá lugar o día 19 de xuño ás 16.00 horas.

Nestes tres casos, a inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo á 'Solicitude proba de acceso' na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte. Para elo, haberá que descargar o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, e envialos debidamente cubertos e no prazo establecido ó correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com .

As especialidades ofertadas para o curso 2024/2025 son piano, guitarra, trompa, clarinete, violín, trompeta, saxofón, percusión e trombón de varas.

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2024/25, será do 7 ao 17 de xuño e o prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ao vindeiro curso 2024/25, será do 12 ao 28 de xuño.

0.14586615562439