O Concello de Manzaneda participa no proxecto Soutolab para poñer en valor o papel da castaña no rural

O proxecto Soutolab, liderado pola Fundación Juana de Vega e no que co-participa o Concello de Manzaneda xunto con outros municipios das comarcas de Valdeorras e Trives, foi seleccionado como unha das 64 iniciativas financiadas pola Acción Social do Ámbito Rural da Fundación “la Caixa” ata 2027.
Manzaneda e o seu territorio xogan un papel clave dentro do proxecto, que pon en valor espazos como os soutos centenarios, o monumento natural Souto de Rozavales, o castañeiro de Pumbariños, o castañeiro de Placin, así como a cultura local da castaña e as empresas do sector.
O proxecto busca promover o desenvolvemento rural sostible a través da protección do patrimonio natural e cultural relacionado coa castaña, apoiando tamén a economía local.